Cerrar
Enr�date
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Días mundiais

foto
GAL_Disponible en: cas, cat, eus 

Día Mundial do Lavado de Mans

O Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para recordar a importancia que ten para a saúde un xesto tan sinxelo como o de lavar as mans con auga e xabón. A falta dunha hixiene axeitada nas mans provoca a diario moitos problemas de saúde, tanto en países ricos como en países en desenvovemento, aínda que as consecuencias nestes últimos son moito máis graves.
foto
GAL_Disponible en: cas, cat, val, eus 

Día Universal da Infancia

En 1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para promover o benestar dos nenos do mundo.

O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.

foto
GAL_Disponible en: cas, cat, val, eus 

Día Mundial da Auga

O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para lembrar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.

foto
GAL_Disponible en: cas, cat, val, eus 

Día Internacional da Solidariedade Humana

Este día lémbranos que a solidariedade é un dos valores fundamentais e universais en que deberían basearse as relacións entre os pobos. Ademais, anímanos a desenvolver actitudes solidarias que axuden a mellorar o noso entorno e nos comprometan coa solución aos problemas do noso alrededor
Páxina 1 de 1    |  Ir a:   Ir a
Data actual
Decembro
  
22
Decembro do 2014
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
20 de Decembro

Día Internacional da Solidariedade Humana

Este día lémbranos que a solidariedade é un dos valores fundamentais e universais en que deberían basearse as relacións entre os pobos. Ademais, anímanos a desenvolver actitudes solidarias que axuden a mellorar o noso entorno e nos comprometan coa solución aos problemas do noso alrededor



Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2014 UNICEF España