Cerrar
Enrédate
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Día Mundial da Auga

22 de Marzo
GAL_Disponible en: cas, cat

Una mujer acarrea una garrafa de agua en el desierto

 

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para lembrar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.

 

Un ben escaso

Dos niños transportan un cubo de agua

Nun mundo cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga pode parecer un contrasentido que o difícil acceso á auga potable sexa causa de enfermidades e pobreza para 1.500 millóns de persoas.

Porén, esa é a realidade. A auga apta para uso humano (doce, potable e de fácil acceso) é unha parte moi pequena do total e a súa escaseza non se debe só ás condicións naturais de determinadas rexións, senón que ten moito que ver co aumento da poboación, a dilapidación e a contaminación.

A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade no século XXI.

Ademais da auga para beber, a agricultura, a industria, a hixiene e a saúde, a calidade ambiental, etc., as posibilidades de desenvolvemento dun territorio e a súa poboación dependen da auga, da súa calidade e do seu consumo racional.

Un dato para a reflexión

O consumo medio de auga por habitante nun país industrializado como os Estados Unidos é de cerca de 2000 m3, mentres que nun país en desenvolvemento como Níxer é de 41 m3.

 

O valor da auga

Aos estudantes de economía, para distinguir os conceptos de valor e prezo, plantéxaselles a seguinte cuestión: Cal é o prezo da auga? E o seu valor?:

  • Un estudante despistado contestará que o prezo da auga é moi baixo, polo tanto vale pouco.

  • Un alumno máis espelido responderá que o seu prezo é baixo, si, mais o seu valor incalculable: sen auga non hai vida.

No noso propio país, un territorio que se caracteriza na súa maior parte polas escasas precipitacións (especialmente no verán), aínda é moi habitual o rego a manta, é dicir, inundando completamente os cultivos, co desperdicio de auga que iso supón.

Nunha aldea de Kenia, un neno debe camiñar durante varias horas ó día ata o pozo máis próximo para levar á súa familia uns poucos litros de auga. Esta familia mide moito cada cunca de auga e pénsao dúas veces antes de consumila.

Seguramente o valor que lle atribúe á auga o consumidor español ou a familia keniana será moi distinto. O relativo baixo prezo deste líquido en España fai que, o mesmo que o estudante despistado, non valoremos a súa importancia, non só para os seres humanos senón para toda a natureza.

A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga, de tratala como o que é: fonte de vida.

 

A auga e a cultura

Una mujer filtra agua en una laguna con dos cuencos

Existen tantas maneiras de considerar, utilizar e conmemorar a auga como tradicións culturais arredor do mundo. Sagrada, a auga sitúase no centro de numerosas relixións e utilízase en diversos rituais e cerimonias.

Durante séculos a auga foi tamén fonte de inspiración para a arte, que a representou a través da música, a pintura, a literatura e o cine. A auga constitúe tamén un factor esencial en diversos ámbitos científicos.

Cada rexión do mundo ten a súa particular forma de consagrar a auga, pero todas recoñecen o seu valor e o lugar central que ocupa na vida humana. As tradicións culturais, as prácticas indíxenas e os valores sociais determinan a maneira na que as poboacións perciben e xestionan os recursos hídricos nas distintas rexións do mundo.

  ________________________________________

Referencias:

Das imaxes: © UNICEF

Do texto:

  • Resolución da Asamblea Xeral das Nacións Unidas A/RES/47/193


Valoración:
  (80 votos, media de 4 Sobre 5)

0 comentarios

Le os comentarios doutros usuarios, ou ben Deixa o teu comentario
Deixar comentario
¿Por qué é preciso rexistrarse?
Rexistrarse en enredate.org é gratuito, sinxelo e permite:

  • Formar parte da rede de centros educativos e docentes aliados de UNICEF.
  • Acceder gratuitamente a los materiales educativos del programa.
  • Recibir información personalizada.
  • Publicar e compartir as experiencias realizadas no centro no Blog de Enrédate.

Únete.  Te damos a benvida a Enrédate.

Recursos Educativos

Gotas de agua Accede a recursos multimedia para utilizar na aula e descarga os cadernos de actividades para Ed. Infantil, Ed. Primaria e Ed. Secundaria.

Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2012 UNICEF España