Cerrar
Enr�date
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Día da Paz

30 de Xaneiro
GAL_Disponible en: cas, cat, eus

O 30 de xaneiro celébrase este día. A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.

Gandhi, a "alma grande"


Mohandas Karamchand Gandhi naceu na India en 1869 e está considerado o máximo representante do pacifismo mundial. Un pacifismo comprometido coa loita polos dereitos das persoas e os pobos, pero que levaba a cabo esa loita por medio de accións non-violentas.

Retrato de Ghandi

Nacido na India, estudou dereito en Inglaterra e trasladouse a exercer a súa profesión de avogado en Sudáfrica, onde se atopou co apartheid que sufrían nese país, tanto os negros, como a numerosa colonia de indios que alí vivía. Neste país comezou as súas primeiras actividades de protesta pacífica contra o sistema, baseada na resistencia pasiva e a non-cooperación coas autoridades. Tras 20 anos de loita, e conseguindo importantes melloras, polo menos para a comunidade india en Sudáfrica, trasladouse á India para loitar pola independencia do seu país, entón colonia de Gran Bretaña.

A súa experiencia africana de loita non-violenta foi seguida na India por millóns de persoas que se opoñían, mediante boicots e manifestacións pacíficas, á dominación británica. Gandhi foi detido en numerosas ocasións, pero adoitaba ser posto en liberdade debido á enorme presión do pobo indio que, debido tamén á súa forma de vida sinxela e espiritual, consideráballe un santo (Mahatma quere dicir 'alma grande' en sánscrito).

Tras moitos anos de loita do pobo indio, liderado por Gandhi, Gran Bretaña concedeu a independencia á India en 1947. Gandhi morreu asasinado en 1948 cando se dirixía a rezar, vítima do enfrontamento entre hindús e musulmáns no seu propio país que el sempre tentou evitar. A morte de Gandhi foi considerada unha catástrofe internacional, incluso as Nacións Unidas decretaron un período de loito. Con todo, a súa figura como defensor da loita pacífica contra as inxustizas seguiu crecendo ata converterse no símbolo do pacifismo mundial.

_____________________________________

Referencias das imaxes:

  • Imaxe de cabeceira: Foto de UNICEF/MENA04303/Akijan
  • Imaxe 1: Foto de Ghandi, dispoñible en Wikicommons


Valoración:
  (74 votos, media de 4 Sobre 5)

0 comentarios

Le os comentarios doutros usuarios, ou ben Deixa o teu comentario
Deixar comentario
Actividades para celebrar o Día da Paz
Actividades para celebrar el Día de la Paz

Para lograr a paz temos que aprender a evitar a violencia e comprometernos con formas pacíficas de resolución de conflitos no noso día a día. Convida o teu alumnado a manifestar o seu compromiso coa paz!

Preparamos actividades específicas para educación infantil, primaria e secundaria. Estes materiais tamén están dispoñibles en inglés:

Cores de paz (Ed. Infantil)

Por que as pombas da paz son brancas? As pombas doutras cores tamén queren ser pombas da paz! Axúdaas a conseguilo.


O bingo da paz (Ed. Primaria)

Para construír a paz temos que centrarnos nas cousas que nos unen, non nas que nos diferencian. Que temos en común con quen nos rodea? Teremos tamén algo en común con quen vive en lugares afastados? Fagamos bingo!


A misión diplomática (Ed. Secundaria)

Os malentendidos poden ser fonte de conflito se non sabemos como abordalos pacíficamente. Para construír a paz debemos facernos comprender e esforzarnos por entender aos demais. Dialoguemos!



Ademais:

-
O puzzle da paz (Ed. Infantil)
- Protexamos a paz (Ed. Primaria)
- Voces de paz (Ed. Secundaria)
- A infancia e os conflitos (Tema)
- Conceptos clave: Resolución de conflictos (Formación do profesorado)


¡Participa no blog!
Una mujer comparte lo que aparece en la pantalla de su ordenador con un grupo de niños y niñas

Cada semana ocurren cousas novas nos centros enredados e este é o  lugar para compartir as vosas experiencias. Tamén atoparás aquí información de última hora sobre novidades relacionadas con Enrédate e a Educación para o  Desenvolvemento.

¡Contribúe coas noticias das actividades que desenrole o teu centro! (recorda iniciar sesión para poder publicar a tua nova).
Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2017 UNICEF España