Día Internacional da Solidariedade Humana
20 de Decembro

Imaxe 1: Este cartel contén unha consigna propia dos movementos de solidariedade obreira: "O dano a un é o dano para todos". Unha das condicións da solidariedade é poñerse no lugar dos outros e ser quen de entender as inxustizas que sofren como propias. Estás de acordo con esta condición? Cres que é posible ser solidario sen comprometerse?
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 60/209 con data de 22 de decembro de 2005, proclamou o 20 de decembro de cada ano Día Internacional da Solidariedade Humana, considerando que a solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos.
Segundo destacan as Nacións Unidas, a solidariedade é un piar central da cooperación internacional. A globalización e a crecente interdependencia supoñen un cambio na nosa forma de cooperar. Nun mundo globalizado pódense presentar oportunidades para lograr un desenvolvemento económico e social máis amplo e máis rápido, pero é necesario que os beneficios da globalización sexan equitativos e estean guiados polo principio da solidariedade.
A solidariedade no mundo
Os aspectos máis coñecidos da solidariedade no plano internacional son a asistencia, a axuda ao desenvolvemento e a cooperación. Que diferenzas hai entre estes tres conceptos?:
-
En palabras de... |
|
"Regala un peixe a un home e daráslle alimento para un día, ensínalle a pescar e alimentaralo para o resto da súa vida"
... Proverbio chino
|
Asistencia: é un primeiro paso no logro dunha sociedade verdadeiramente solidaria. Mediante a asistencia, as persoas con dificultade de acceso aos servizos básicos (alimentación, educación, determinados bens e servizos…) conséguenos de xeito gratuíto ou a baixo prezo. Malia que é necesaria en moitos casos e para garantir un mínimo de equidade, algúns autores critican que as iniciativas baseadas unicamente na asistencia derivan en asistencialismo, e poden provocar dependencia nos colectivos beneficiados polas devanditas axudas.
- Ayuda ao desenvolvemento: é un paso máis alá, no que os gobernos e as organizacións non se limitan a prover asistencia, senón que ademais axudan a sentar as bases para que as comunidades traballen polo seu propio desenvolvemento. Unha crítica a esta formulación é que en ocasións baséase case só no desenvolvemento económico, o que pode levar a contradicións sociais e culturais.
- Cooperación: sería o último chanzo da escaleira da solidariedade. Prodúcese cando as comunidades beneficiarias de axuda participan no proceso de desenvolvemento. Un aspecto clave desta perspectiva é o empoderamento das comunidades vulnerábeis e a equiparación en dignidade e dereitos das comunidades desenvolvidas e en desenvolvemento. Algúns autores van un pouco máis lonxe, afirmando que a meta deste proceso iría máis alá da cooperación e sería o “encontro”. Dende esta perspectiva, as comunidades donantes e as beneficiarias terían un vínculo ético que transformaría a ámbalas dúas.
| ¿Sabías que...? |
|

Imaxe 2 A verba "solidariedade" vén do latín "solidus" (sólido), ainda que non foi utilizada có significado actual ata finais do século XVII en Francia. Durante o século XVII comeza a empregarse como substituto do termo cristián "caridade". Nos séculos XIX e XX esténdese o seu uso e o seu significado evoluciona ata o actual, que enfatiza o valor ético.
|
Outro elemento importante da solidariedade internacional é a acción humanitaria e de emerxencias. Tódolos anos prodúcense catástrofes, xa sexan naturais ou causadas por conflitos armados. As emerxencias adoitan provocar unha ola de solidariedade en millóns de persoas, que contribúen na medida das súas posibilidades a financiar as operacións de socorro de emerxencias, recuperación e reconstrución das poboacións afectadas. A acción humanitaria baséase nos seguintes principios: humanidade, imparcialidade, neutralidade e universalidade.
“Para a comunidade mundial, a axuda é un mecanismo por medio do cal se expresa a solidariedade humana e aumentan as oportunidades. Sen importar se os motivos para a acción se fundan en consideracións de dereitos humanos, en valores relixiosos ou en sistemas éticos máis amplos, a función da axuda na eliminación da pobreza xeneralizada, a fame e as mortes infantís posibles de evitar constitúe un imperativo moral. (Informe sobre Desenvolvemento Humano, 2005).
A solidariedade no noso día a día
Non é necesario participar directamente nas tarefas de desescombro tras un terremoto para poñer en práctica a nosa solidariedade.
Cada día preséntansenos oportunidades para ser solidarios coas persoas que nos rodean. Un primeiro paso é poñernos no lugar do outro e tentar entender os seus problemas dende a súa perspectiva. A partir daí poderemos apoialo mellor, na medida na que necesite a nosa axuda.
En palabras de... |
|
"A solidariedade básica da familia humana é a condición fundamental da nosa vida xuntos nesta terra"
... Papa Xoán Pablo I (1920-2005)
|
Recorda que a solidariedade é unha forma de apoio que se realiza dende a igualdade e tendo en conta os principios básicos de xustiza social e interdependencia: non somos mellores que outras persoas por ser solidarios con eles, xa que a solidariedade é recíproca.
Ao solidarizarnos formamos parte dos problemas do noso entorno e das súas solucións. Cando participamos de xeito solidario na solución dun problema
logramos que as cousas cambien, pero tamén cambiamos nós mesmos. _____________________________________________________________
Referencias e créditos
Das imaxes:
- Imaxe de cabeceira: UNICEF España
- Imaxe 1: CC (by/sa) discarded production unit, disponible en Flickr
- Imaxe 2: © Naciones Unidas
Do texto: