Cerrar
Enr�date
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Día Mundial do Lavado de Mans

15 de Outubro
GAL_Disponible en: cas, cat, eus

Pastilla de jabón

Logo del Día Mundial del Lavado de ManosO Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para recordar a importancia que ten para a saúde un xesto tan sinxelo como lavar as mans con auga  xabón

 

Lavarse as mans é un xesto cotián para a maioría das persoas do mundo. Non obstante, lavarse con auga e xabón non é tan frecuente: millóns de persoas utilizan únicamente auga para lavar as súas mans, mesmo nos denominados "momentos críticos" (antes de comer ou preparar comida, despois de ir ao baño ou de cambiarlee os cueiros a un bebé, etc.).

Non lavarse as mans ou non usar xabón al facelo supón un risco de propagación de enfermidades infecciosas tanto nos países desenvolvidos como nos países en desenvolvemento, aínda que as súas consecuencias son moito máis graves nos países máis pobres, debido a factores como:

  • A dificultade de acceso á atención médica.
  • A maior incidencia de enfermidades como o cólera, a hepatite, o tifo ou a poliomielite.
  • A desnutrición infantil.
  • A falta de fontes de auga potable.
  • A precariedade nas instalacións de auga, saneamento e hixiene.

 

Lavámonos as mans para recordar que...

O Día Mundial do Lavado de Mans é unha oportunidade para consolidar nos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria hábitos saudables que lles acompañarán toda a vida. Ademais, este día é un momento único para que estudantes de todas as idades se convertan en axentes do cambio, demostrando a súa solidariedade coa infancia de aqueles países onde as dificultades de acceso a unha hixiene axeitada é unha traba para o desenvolvemento:

  • Aproximadamente,  a metade dos 120 millóns de nenos e nenas que nacen anualmente en países en desenvolvemento vivirá en fogares sen acceso a saneamento axeitado, poñendo en risco a súa saúde, vida e desenvolvemento.
  • Xuntas, as pobres condicións de hixiene e a falta de acceso a saneamento básico contribúen a cerca do 80% das mortes por enfermidades diarreicas, contabilizando cerca de 1,5 millóns de mortes anuais en nenos e nenas menores de cinco anos por causas relacionadas coa diarrea.
  • Os nenos e nenas sofren de maneira desproporcionada de mortes e enfermidades diarreicas e respiratorias.

Habituarse a un xesto sinxelo que salva vidas


O lavado de mans con xabón é a forma máis económica de previr as infeccións diarreicas e respiratorias agudas que minan a saúde de millóns de nenos e nenas cada ano. Estas dúas enfermidades son responsables da maior parte de mortes de nenos e nenas no mundo. Non obstante, o lavado de mans con xabón aínda practícase moi pouco e é difícil de promover, a pesar do seu potencial para reducir o número de mortes.

O reto é lograr que o lavado de mans con auga e xabón sexa un hábito automático practicado nos fogares, escolas e comunidades arredor do mundo. Converter o lavado de mans con auga e xabón antes de comer e despois de usar o baño nun hábito arraigado pode salvar máis vidas que calquera vacina ou intervención medica, reducindo as mortes por diarrea a case a metade, e as mortes por infeccións respiratorias nunha cuarta parte.

Sabías que...?

O jaxón pode disolver a graxa, limpando sucidade que a auga por sí soa non pode arrastrar e ademais actúa como desinfectante destruíndo a gran número de microorganismos patóxenos. O uso conxunto da auga e o xabón xunto coa técnica de lavado de mans axeitada son necesarias para unha correcta hixiene.

As mans non deben lavarse únicamente cando están visiblemente sucias, senón tamén antes de comer o preparar alimentos, despois de ir ao baño e sempre que as mans estivesen en contacto con posibles focos de bacterias (tras tocar animais domésticos, manipular terra en xardíns ou balcóns, cambiarlle os cueiros a un bebé ou limpar a casa, por exemplo).

 

 

Obxectivos da celebración do Día Mundial do Lavado de Mans


Un cambio de comportamento en canto ao lavado de mans é crucial para alcanzar o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio de reducir, para o 2015, as mortes entre os nenos menores de cinco anos en dúas terceiras partes.

Os obxectivos principais da celebración do Día Mundial do Lavado de Mans son:

  1. Fomentar e apoiar unha cultura global e local de lavado de mans con xabón.
  2. Facer pública a situación do lavado de mans en cada país.
  3. Concienciar sobre os beneficios do lavado de mans con xabón.

Iniciado en 2008 pola Alianza Público-Privada para o Lavado de Mans con Xabón, o Día Mundial de Lavado de Mans é apoiado por unha gran variedade de gobernos, institucións internacionais, organizacións da sociedade civil, ONGs, empresas privadas e persoas arredor do mundo.




Los Lunnis promocionan o lavado de mans con este vídeo, destinado aos nenos e nenas de Educación Infantil.

Recursos educativos sobre o Lavado de Mans

Varias organizacións dispoñen de recursos que permiten saber máis sobre a importancia da hixiene e o lavado de mans:
-Tecnoloxías para o lavado de mans
Non sempre é posible dispoñer dun lavabo para lavarse as mans: esta galería de fotos de WSP mostra en imaxes as distintas alternativas dispoñibles no mundo para lograr unha correcta hixiene das mans.
Idioma: INGLÉS

- Curriculum sobre o lavado de mans
O Departamento de saúde de Minnesota elaborou este material dispoñible para varios niveis educativos.
Idioma: INGLÉS
- Por que é importante o lavado de mans?
WaterAid preparou esta guía para Educación Primaria sobre o Lavado de Mans.
Idioma: INGLÉS

- Glogerm
Glogerm inclúe recursos para varios niveis educativos acerca dos microrganismos que podemos encontrar nas nosas mans e prácticas de hixiene.
Idioma: VARIOS
Dispoñible en: http://www.glogerm.com/worksheets.html
_____________________________________________________________

Referencias e créditos


Das imágenes:

  • Imaxe de cabeceira: Unha nena sostén unha pastilla de xabón nun hospital de Bossangoa, na República Democrática do Congo, onde UNICEF desenvolve unha campaña de vacinación que inclúe a promoción de prácticas de hixiene. © UNICEF/NYHQ2008-1510/Holtz
  • Imaxe 1: Logo do Día Mundial do Lavado de Mans
  • Imaxe 2: Dous nenos lávanse as mans con auga e xabón durante un día de promoción da hixiene celebrado na súa escola, na localidadede Neusok Teubaly (Indonesia) © UNICEF/NYHQ2007-1876/Estey
Do texto:

Valoración:
  (5 votos, media de 3 Sobre 5)

0 comentarios

Le os comentarios doutros usuarios, ou ben Deixa o teu comentario
Deixar comentario
Organiza a túa campaña
Aquí encontrarás boas ideas para desenvolver na túa escola a campaña: A Árbore da Solidariedade, a Carreira da Auga... moitas ideas e materiais para facer o dereito á auga unha realidade.
¿Por qué é preciso rexistrarse?
Rexistrarse en enredate.org é gratuito, sinxelo e permite:

  • Formar parte da rede de centros educativos e docentes aliados de UNICEF.
  • Acceder gratuitamente a los materiales educativos del programa.
  • Recibir información personalizada.
  • Publicar e compartir as experiencias realizadas no centro no Blog de Enrédate.

Únete.  Te damos a benvida a Enrédate.
Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2017 UNICEF España