![]() |
|
Imaxe 1: A capacidade de orientarse cara o futuro varía coa idade. É importante adaptar as actividades sobre cambio e futuro, para permitir unha reflexión que dea confianza aos nenos sobre o seu poder para promover o cambio. |
Aínda que un dos obxectivos da educación é preparar ás persoas para o futuro, moitos programas educativos oriéntanse cara o pasado. Isto ofrece poucas ocasións aos rapaces para reflexionar sobre o seu porvir e sobre o que poderían facer cos coñecementos que acumularon.
Pódese tratar o futuro como un tema transversal cuxa dimensión abarque todas as asignaturas. A educación sobre o futuro e a posibilidade de influír nel pode axudar ao alumnado a:
| Un enfoque realista do futuro |
|---|
|
O alumnado ten poucas ocasións na aula para pensar no tipo de mundo no que quererían vivir realmente. Porén, cando se lles concede esta ocasión, poden desenvolver un gran interese polo futuro e o seu papel nel. |
Para que a aprendizaxe sobre o futuro non se transforme nun xogo de adiviñanzas sobre o que podería ocorrer dentro duns anos, cómpre partir de situacións do presente e desenvolver os posibles futuros alternativos tendo en conta as necesidades máis urxentes dos membros da sociedade.
Os cambios prodúcense máis rápido no presente que nos séculos pasados. A educación sobre o futuro ten que basearse en:
Os cambios rápidos que se producen local, nacional e mundialmente, poden provocar nos rapaces sentimentos de impotencia ou de falta de control sobre as forzas que afectan ás súas vidas. Para sentírense motivados, precisan entender por que algunhas alternativas para o cambio non están ao seu alcance e explorar posibilidades máis realistas. O obxectivo é que podan saír da escola coa confianza nas súas propias capacidades para influír no futuro e boa vontade para facelo efectivo.
A Educación para o Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:
