![]() |
|
Imaxe 1: Ver o mundo a través de estereotipos danos a falsa seguridade de que as cousas son simples e poden definirse a través dunhas poucas regras. É necesario que os novos reflexionen sobre esta distorsión da realidade. |
As primeiras influencias sobre estereotipos e prexuízos proveñen da familia próxima e as actitudes adquírense a miúdo de xeito inconsciente. Os nenos e nenas tamén reciben mensaxes estereotipadas dos libros, Internet, os videoxogos, as películas e os medios de comunicación. Incluso o feito de que certas persoas non aparezan representadas (grupos raciais ou étnicos, persoas maiores ou con discapacidade) incitan aos nenos a pensar que estes grupos teñen menos valor a ollos da sociedade.
A creación de estereotipos e prexuízos afecta a todos os membros da comunidade internacional. A miúdo:
A educación multicultural creou certo número de iniciativas para mellorar a comprensión entre os grupos e reducir os estereotipos. Mais a pesares destes obxectivos, o enfoque multicultural tivo ás veces efectos imprevistos:
Para facer efectiva a educación multicultural é necesario:
Porén, para cambiar realmente de actitude, a xente nova precisa máis elementos que unha simple información sobre as demais culturas ou os demais grupos:
| O papel do sensacionalismo | |
|---|---|
As ideas estereotipadas que dan lugar a prexuízos nacen en moitas ocasións da televisión e outros métodos de comunicación. As novas baséanse moi a miúdo, e con moita insistencia, en historias sensacionalistas, a miúdo catastróficas, para chamar a atención do público. Estas historias dan aos nenos – e aos adultos – a impresión de que os países en desenvolvemento, en particular, están sufocados polos problemas e que nunca progresan. Algún dos anuncios das axencias de axuda ó desenvolvemento e ás ONG, que teñen o obxectivo loable de recadar fondos para proxectos nos países en desenvolvemento, poden reforzar os estereotipos. Estes anuncios ás veces amosan imaxes moi dramáticas e transmiten aos potenciais donantes a idea de que incluso uns céntimos poden facer milagres. Este tipo de anuncios poden dar a entender que os cidadáns dos países en desenvolvemento morren de fame, que están sucios, que os seus habitantes son incapaces de satisfacer as súas propias necesidades e que só unha axuda dos países occidentais ricos os pode salvar. |
A Educación para o Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:

Descobre Enrédate con UNICEF, coñece qué é a Educación para o Desenvolvemento, qué ofrece ó proceso de ensino-aprendizaxe e cómo podes incorporarla a as tuas clases. Descobre tamén as posibilidades de empregar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para fomentar unha educación comprometida dentro da aula.