| Sabías que? |
|---|
|
Os máis novos pódense familiarizar con este concepto estudando a interdependencia dos roles nunha familia, nunha escuela, entre os traballadores dunha mesma empresa, nunha comunidade local e entre as rexións dun mesmo país. |
Tradicionalmente, nas aulas ensinábase a ver o mundo coma un conxunto de Estados cuxas preocupacións interferían ocasionalmente. Mais, nun mundo globalizado é indispensable entender a noción de interdependencia. A comprensión desta interdependencia permite aos alumnos percibir o mundo no que vivimos coma un sistema.
Comprender que o mundo funciona coma un sistema leva consigo:
Grazas á comprensión da interdependencia entre os factores dun problema pódense atopar solucións duradeiras.
A interdependencia é máis ca un tema de estudo na Educación para o Desenvolvemento. Tamén é fundamental para o proceso de aprendizaxe. As actividades deben estar concibidas nunha óptica de cooperación que requira que o alumnado traballe de xeito interactivo, interdependente, completando tarefas máis específicas.
| Algúns exemplos de interdependencia |
|
• As crises: un conflito nun país produtor de petróleo pode afectar ao abastecemento de petróleo no mundo enteiro e provocar modificacións na política enerxética de países situados a miles de quilómetros. • A pobreza: as súas causas non se limitan á falta de medios económicos, senón que implican varios factores interrelacionados, como desigualdades profundas no acceso á educación, á sanidade, a un medio ambiente saudable ou á igualdade de dereitos e oportunidades. Se se trata de eliminar a pobreza atendendo só ás necesidades de subsistencia só se obteñen resultados parciais. |
A Educación para o Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:

Descobre Enrédate con UNICEF, coñece qué é a Educación para o Desenvolvemento, qué ofrece ó proceso de ensino-aprendizaxe e cómo podes incorporarla a as tuas clases. Descobre tamén as posibilidades de empregar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para fomentar unha educación comprometida dentro da aula.