![]() |
|
Imaxe 1: O coñecemento de estratexias de solución de problemas e a capacidade para aplicar diferentes tácticas non violentas de resolución de conflitos son fundamentais para acadar unha cultura de paz. |
Os medios de comunicación de todo o mundo dedican moita atención aos acontecementos violentos. Incluso nos medios cuxo obxectivo é entreter, as imaxes violentas son habituais. Deste xeito, interiorizamos “conflito” como sinónimo de “violencia”, cando non son a mesma cousa. Para os nenos e os rapaces é importante entender que os conflitos son algo habitual no noso día a día, pero que a violencia non é necesariamente o resultado dun conflito. A violencia é unha resposta aprendida e se a violencia se pode aprender, existen outras respostas posibles que tamén se poden aprender.
A educación pode axudar a ter unha visión máis ampla dos conflitos:
| Afrontar os conflitos cunha mentalidade aberta |
|---|
|
Moitos adultos tamén fan as mesmas asociacións. A miúdo, cando desexamos tratar o tema dos conflitos na clase, falamos primeiro de guerra e de conflitos armados, en lugar de facilitar a reflexión sobre os pasos necesarios para acadar unha solución pacífica dos conflitos, tanto no noso entorno coma no mundo. |
A Educación para o Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:

Descobre Enrédate con UNICEF, coñece qué é a Educación para o Desenvolvemento, qué ofrece ó proceso de ensino-aprendizaxe e cómo podes incorporarla a as tuas clases. Descobre tamén as posibilidades de empregar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para fomentar unha educación comprometida dentro da aula.