Cerrar
Enrédate
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Conceptos clave: Xustiza social

GAL_Disponible en: cas, cat, eus
foto
A xustiza social refírese ás nocións fundamentais de igualdade de oportunidades e de dereitos humanos, máis alá do concepto tradicional de xustiza legal. Está baseada na equidade e é imprescindible para que os individuos podan desenvolver o seu máximo potencial e para que se poda instaurar unha paz duradeira.

A comprensión da dimensión ética destes conceptos capacitará aos máis novos para actuar por un mundo máis xusto, no seu país e fóra del.
Valoración:  (4 votos, media de 5 Sobre 5)

Conceptos da Educación para o Desenvolvemento: Xustiza social


Todas as persoas temos necesidades básicas comúns, que se traducen en dereitos humanos fundamentais: o dereito á propia identidade, á supervivencia, á educación, a expresarnos con liberdade e a ser tratados con dignidade e respecto, por exemplo.

Cando estas necesidades fundamentais non se satisfacen atopámonos fronte a inequidades, que poden darse tanto nos países industrializados como en países en desenvolvemento. O que converte estas situacións en inxustizas é que se poden evitar: non se trata de problemas irresolubles aos que non podamos facer fronte, senón que a miúdo foron provocados por persoas e persisten porque moita xente se desentende deles. A decisión de promover ou negar a xustiza social está en mans das persoas, xa sexa a escala individual, local, nacional ou mundial.


Sabías qué?


• As inequidades están relacionadas cos conflitos, tanto nos países industrializados como nos países en desenvolvemento. A inxustiza real ou percibida é unha das fontes máis comúns de conflitos e de violencia entre os individuos, os grupos e os países.
• Pode ser que a pobreza sexa a inxustiza máis fundamental e máis estendida: non permite o acceso a outros dereitos fundamentais.
• A discriminación é unha inxustiza que interfire nas posibilidades que teñen os individuos de desenvolver o seu potencial.

0 comentarios

Le os comentarios doutros usuarios, ou ben Deixa o teu comentario
Deixar comentario
Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2012 UNICEF España