Cerrar
Enrédate
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Competencia social e ciudadá: Dereitos e responsabilidades

GAL_Disponible en: cas, cat
foto
Estimular o desenvolvemento da competencia social e cidadá: dereitos e responsabilidades.
Valoración:  (2 votos, media de 5 Sobre 5)

Índice

  1. Inicio
UNICEF define a Educación para o Desenvolvemento coma un proceso que fomenta o desenvolvemento en nenos, nenas, rapaces e rapazas de actitudes e valores tales como a solidariedade a nivel mundial, a paz, a tolerancia, a xustiza social e a toma de conciencia respecto a cuestións ambientais, dotándoos dos coñecementos e aptitudes que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas súas propias vidas e nas da súa comunidade, tanto a escala local como global. O seu fin último é promover a cidadanía global.

Unha perspectiva global en educación axuda aos nenos, nenas, rapaces e rapazas a darse conta das interrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo, o modo no que os acontecementos pasados e presentes configuran o futuro e as conexións entre os asuntos sociais, económicos, políticos e medioambientais. Anímase ao alumnado a ser consciente tanto dos seus dereitos como das súas responsabilidades, fomenta a súa implicación activa no proceso de cambio e desenvolve hábitos de participación democrática.

Aprender sobre os dereitos da infancia de forma participativa supón que os alumnos e alumnas se sintan incluídos, posto que son os que os amparan máis directamente. Isto leva consigo un desenvolvemento da súa autoestima que debe orientarse a mellorar o coñecemento dos outros e os seus dereitos, cara a aprendizaxe nas habilidades de negociación e de resolución de conflitos de forma non violenta. Tamén se provocan situacións que inducen a colaborar co profesorado e as familias.

Todo isto impulsa a cohesión da comunidade escolar en torno a uns valores compartidos e universais, onde cada axente identifica o seu papel e sente cubertas as súas necesidades.

COOPERACIÓN E PARTICIPACIÓN

Entendemos a cooperación como unha actitude desexable entre o alumnado e como un sistema internacional de axuda entre os países desenvolvidos e os países en desenvolvemento. Un traballo cooperativo é aquel que busca a acumulación de esforzos aproveitando as virtudes e capacidades das persoas ou axentes implicados para provocar sinerxías e acadar máis facilmente os obxectivos desexados. A cooperación, polo tanto, é tamén unha destreza, unha actitude persoal e un valor, non só o resultado dunha acción. Esforzarse aquí como xesto solidario cara alí é un bo exemplo de cooperación.

A participación infantil é un dereito recoñecido na Convención sobre os Dereitos do Neno. Acadar unha participación informada, voluntaria e comprometida que lles permita, na medida do posible, tomar as súas propias decisións e iniciativas, será un gran logro educativo desde o punto de vista da Educación para o Desenvolvemento. Un traballo que inflúe positivamente nos resultados académicos e na convivencia.

ENFOQUE DE DEREITOS E RESPONSABILIDADES NA AULA

Considerar os dereitos da infancia como principios éticos e normas universais na práctica docente, transforma definitivamente a realidade educativa:

• Mellora a autoestima do alumnado.
• Predispón positivamente cara a diversidade e reduce os prexuízos.
• Mellora as condutas e relación entre o alumnado.
• Proporciona satisfacción ao desempeño do profesorado.
• Consolida a integración e recoñecemento entre os compoñentes da comunidade educativa.
• Traslada esa implicación a outros ámbitos educativos do alumnado e mellora os seus resultados académicos.

Conceptos clave

A Educación para o  Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:

Formación del profesorado

Tizas de colores sobre una mesa

Descobre Enrédate con UNICEF, coñece qué é a Educación para o Desenvolvemento, qué ofrece ó proceso de ensino-aprendizaxe e cómo podes incorporarla a as tuas clases. Descobre tamén as posibilidades de empregar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para fomentar unha educación comprometida dentro da aula.

0 comentarios

Le os comentarios doutros usuarios, ou ben Deixa o teu comentario
Deixar comentario
Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2012 UNICEF España