A creación de contidos xa non é unha tarefa case exclusiva de periodistas nos medios profesionais. Cada día créanse milleiros de blogs nos que os internautas publican libremente as súas informacións e opinións. Na actualidade, ata o 70% dos contidos publicados en Internet foron creados polos usuarios, moitos deles menores de idade. Como podemos guiar aos nosos alumnos no seu papel como creadores de contidos on-line?
Imaxe 1: Para que os máis novos fagan un uso axeitado das TIC é fundamental que saiban como protexer os seus dereitos e os doutras persoas na rede.
Desde un punto de vista educativo, publicar en Internet é unha actividade formativa e motivadora, fundamental para o desenvolvemento das competencias básicas lingüísticas na sociedade da información. A publicación de contidos nun medio de comunicación de masas como Internet supón aprender acerca do exercicio da liberdade de expresión e das responsabilidades que del derivan.
A responsabilidades derivadas da publicación de contidos requiren dalgúns coñecementos que antes eran reservados aos profesionais da comunicación, como:
Nesta ocasión, centrarémonos nos aspectos básicos derivados da propiedade intelectual. A miúdo, os usuarios pregúntanse se poden publicar certos contidos en Internet ou se están vulnerando as leis de propiedade intelectual. Os conflitos sobre propiedade intelectual son un tema complexo, mais os coñecementos básicos están ao alcance de calquera e constitúen un requisito básico á hora de xerar contidos en Internet de forma responsable
Imaxe 2: É importante que nenos e adolescentes coñezan os límites da propiedade intelectual, tanto para evitar infrinxir a lei por descoñecemento como para protexer as súas propias obras.
Os dereitos de autoría protexen os dereitos dos autores sobre a súa obra: en España isto coñécese como 'propiedade intelectual'.
Calquera obra ten automaticamente dereitos de autoría, non fai falla facer nada para protexelas, o mero feito de crealas fai que estean protexidas pola lei. Isto significa que só por ter creado un libro, manuscrito, pintura, multimedia ou calquera outra obra orixinal unha persoa ten “dereito de autor” sobre esa obra, sen que sexa necesario rexistrala.
Os autores adoitan deixar unha “nota” na obra alegando a súa autoría, o típico símbolo de copyright ©, co ano e nome do autor ou autores, e iso garante que esa obra non é de dominio público.
A violación deste dereito está penada por lei, baixo demanda de quen elaborou a obra. O titular dos dereitos de autoría goza de dereitos exclusivos respecto de:
O dereito de autoría de cada contribución individual dunha publicación periódica ou en serie, ou calquera outra obra colectiva, existen a parte do dereito de autoría dunha obra colectiva na súa totalidade e están conferidos inicialmente ao autor de cada contribución.
As persoas menores de idade poden reclamar dereito de autoría, pero no seu caso poden existir leis específicas que regulamenten calquera transacción relacionada.
Na actualidade, e tal e como establece a Lei de Propiedade Intelectual, pode dicirse de modo xeral que, no caso máis simple e frecuente dun só autor, os dereitos de explotación desta obra duran toda a vida do autor ou autora e 70 anos despois da súa morte.
Imaxe 3: Os medios de comunicación poden reproducir fotogramas de películas e outras imaxes con dereitos de autor se os empregan para dar unha noticia de actualidade (por exemplo, unha estrea de cine).
Son aqueles casos nos que a creadora ou o creador ven limitado o seu dereito exclusivo de explotar a súa obra a favor do interese social. A lei recoñece, entre outros, os seguintes usos de obras protexidas sen autorización do autor, sen prexuízo de que, nalgúns casos, se lle deba abonar unha remuneración por ditos actos de explotación:
Non é preciso o consentimento do autor ou autora dunha obra xa divulgada para parodiala cando a parodia:
Non é precisa a autorización do autor dunha obra protexida para reproducila, distribuíla e comunicala publicamente, cando esta poida ser vista ou oída nunha información de actualidade. Esta utilización debe estar xustificada pola finalidade informativa.
Tampouco é necesaria autorización para reproducir, distribuír e comunicar libremente por medio de pinturas, debuxos, fotografías e procedementos audiovisuais as obras situadas permanentemente en calquera vía pública.
Os traballos e artigos de actualidade difundidos polos medios de comunicación social poderán ser reproducidos, distribuídos e comunicados publicamente por outros da mesma clase sen autorización dos seus autores, sempre que se citen. Cando no traballo apareza a firma, non se poderá realizar esta reproducción se no artigo consta a reserva de dereitos.
A inclusión nunha obra propia de fragmentos de obras alleas non precisa a autorización do autor da obra citada ou reseñada, sempre que se cumpran todas as condicións detalladas a continuación:
En caso de oposición expresa do autor, dita actividade non se entenderá amparada por este límite.
Copyleft ou “copia permitida” comprende un grupo de dereitos de autoría caracterizados por eliminar restriccións de distribución ou modificación. Os traballos que se rexistren deste xeito identifícanse co símbolo © mirando cara á esquerda. O obxectivo é difundir máis e mellor o coñecemento, eliminar as súas barreiras, dentro dunha filosofía que se traduce en diversos tipos de licenzas comerciais.
Creative Commons é unha organización non gobernamental sen ánimo de lucro que desenvolve plans para axudar a reducir as barreiras legais da creatividade, por medio de nova lexislación e novas tecnoloxías.
Para isto, propón diferentes tipos de licenzas copyleft baixo a idea de fomentar a cultura, a cooperación e o desenvolvemento de tódalas obras a través de Internet (así como protexelas). Estas licenzas aplícanse aos traballos creativos (mais non aos de software, para estes está o GnU ou GLP). Creativecommons.org desenvolveu unha aplicación Web que axuda á xente a brindar as súas creacións ao dominio público ou a reservarse os dereitos de autoría, deixándoos libre para certas aplicacións, en certas condicións de uso. Tamén desenvolveron buscadores para localizar contidos con estas licenzas.
| Propiedades das licenzas Creative Commons | |
|---|---|
| Moitas das licenzas Creative Commons identifícanse co acrónimo CC, que fai referencia ao seu nome. As diferentes licenzas Creative Commons baséanse en combinar distintas posibilidades. Estas propiedades son: |
|
|
|
Atribución (by): Obriga a citar as fontes deses contidos. O autor debe figurar nos créditos. |
| No comercial (nc): Obriga a que o uso dos contidos non poda ter unha contraprestación económica algunha para quen faga uso desa licenza. | |
| Sen obras derivadas (nd): Obriga a que esa obra sexa distribuída inalterada, sen cambios. | |
| Compartir igual (sa): Obriga a que todas as obras derivadas se distribúan sempre baixo a mesma licenza do traballo orixinal. | |
Imaxe 4: Podemos facer fotos de obras en lugares públicos (como edificios e esculturas), mais hai que saber que, incluso nestes casos, hai certas limitacións que protexen ao autor da obra.
Fotografar unha obra protexida por dereito de autoría é como reproducila. Por conseguinte, como norma xeral antes de tomar unha foto de calquera obra protexida, precísase pedir permiso ao titular.
Nalgunhas ocasións non se precisa este permiso da persoa autora ou propietaria do contido, depende de varias cousas como o contido en si ou o uso que se lle vaia a dar á fotografía. Tamén hai que ter en conta se é de dominio público ou se non se reproduce parte substancial da mesma. En xeral, débense ter en conta as seguintes regras:
En caso de precisar un permiso, hai que pedirllo á persoa titular do dereito de autoría. Ademais, tamén pode ser necesaria a autorización da persoa propietaria ou de alguén que o represente, se non se pode acceder directamente. A lei protexe tamén a reputación do autor e da obra, polo que non poderían facerse fotografías que prexudiquen dita reputación.
Outra cousa son as ideas. A lei protexe fotografías, non ideas. Podes copiar tranquilamente a pose dunha fotografía, cambiando o modelo.
Por último, quedan as marcas. Fotografar algo cunha marca pode traer algúns problemas (unha persoa cunha camiseta dunha determinada marca por exemplo). A diferenza de lexislación sobre o dereito de autor, a lexislación sobre marcas non restrinxe o uso dunha marca nunca fotografía, pero si prohibe o uso dunha marca de forma que poda inducir á confusión respecto da relación do titular da marca coa imaxe. É dicir, se é probable que os consumidores crean erroneamente que o titular da marca patrocina a fotografía, pode que se infrinxa o dereito de marcas. Debido a este uso entenderase que o autor está intentando apropiarse dunha parte a reputación asociada coa marca, porque probablemente os consumidores pensen que as prendas de vestir están relacionadas coa marca.
Xeralmente, por un enlace nunca páxina web non supón reproducir unha obra e pode facerse libremente. Tampouco é preciso pedir o consentimento do autor para enlazar a súa web e facelo tampouco constitúe unha norma de cortesía habitual.
Sindicar consiste en publicar na túa web parte do contido doutro sitio web utilizando un sistema automático. Os sistemas de sindicación máis estendidos baséanse nos estándares RSS e Atom. Os programas informáticos compatibles con algún destes estándares consultan periodicamente unha páxina con titulares que enlaza cos artigos completos no sitio web orixinal.
A diferenza de publicar un enlace, a sindicación considérase unha forma de reproducción do contido, polo que hai que ter en conta os termos da licenza de uso. Os termos da licenza de uso adoitan aparecer publicados na páxina que subministra os contidos orixinais.
_____________________________________________________________
Referencias
Do texto:
Conceptos básicos e límites dos dereitos de autor: http://www.cedro.org/limites.asp
Lei da propiedade intelectual: http://www.boe.es/boe/dias/2006/07/08/pdfs/A25561-25572.pdf
Creative Commons: http://es.creativecommons.org/
Das imaxes:
A Educación para o Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:

Descobre Enrédate con UNICEF, coñece qué é a Educación para o Desenvolvemento, qué ofrece ó proceso de ensino-aprendizaxe e cómo podes incorporarla a as tuas clases. Descobre tamén as posibilidades de empregar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para fomentar unha educación comprometida dentro da aula.