Cerrar
Enrédate
Unicef
Idioma:GalegoSeleccionar idioma
Buscar

Para a Aula

GAL_Disponible en: cas, cat, eus
foto
O alumnado de E. Infantil, E. Primaria e E. Secundaria poderá aprender sobre os dereitos da infancia e a solidariedade global a través de recursos multimedia aptos tamén para a Pizarra Dixital. As actividades están deseñadas para ser usadas en sesións únicas de traballo ou para ser incorporadas en programacións ó longo de todo o curso escolar.
Valoración:  (3 votos, media de 5 Sobre 5)

Vídeos, xogos e multimedia

Nesta sección pódense atopar recursos multimedia en distintos formatos que poden incorporarse a calquera momento da programación de aula. Aínda que están recomendados para etapas concretas, poden ser utilizados para un amplo rango de idades variando o nivel de análise.

Os docentes poden presentalos ben en equipos individuais ou compartilos a través dun proxector. Todos os recursos ofrecen a posibilidade de ser comentados, o que será de grande axuda ao profesorado para avaliar a calidade do proceso de aprendizaxe, ademais de utilizar outras aportacións doutros grupos como un elemento educativo máis.

Cada un dos temas propostos está desenvolvido a través dos distintos formatos, o que permitirá aos docentes a súa utilización nesa dobre dimensión: por tema ou por formato. Na sección Actividades e propostas existen propostas máis detalladas de como utilizalos.

Estas son as principais características destes recursos de aprendizaxe segundo formatos: 

 

Galerías


Coleccións fotográficas de UNICEF e outros fondos documentais agrupados por temas, que permiten desde aproximarse a un tema de forma visual ata organizar unha completa exposición fotográfica na aula. Nocións básicas de análise de imaxe fixa axudarán ao alumnado a reflexionar acerca de cuestións sobre desenvolvemento humano. As súas principais posibilidades son:
  • Ilustrar o tema presentado e predispoñer positivamente ó seu contindo.
  • Coñecer as características da linguaxe fotográfica.
  • Posibilitar situacións de aprendizaxe colectiva.


Vídeos


Unha película, un anuncio, un documental, etc. poden ser elementos de gran impacto á hora de presentar información. Neste formato atoparás distintos recursos que posibilitarán:
  • Xerar empatía cara as vivencias das personaxes.
  • Facilitar unha información que posibilite a reflexión persoal e o debate.
  • Coñecer as características da lenguaxe audiovisual.

Temas

Unha información a fondo para o alumnado máis esixente proporcionaranos unha visión completa do tema proposto. Este contido está orientado a:
  • Coñecer en profundidade o tema poposto e súas interrelacións.
  • Dotar de información suficiente para xerar unha reflexión e unha posición persoal.
  • Motivar a participación na solución da problemática presentada desde as posiblidades persoais concretas.

Xogos


O poder do lúdico como instrumento esencial da aprendizaxe. Xogos interactivos de distintos tipos farannos reflexionar sobre os nosos coñecementos e sentimentos, ademais de pornos en situacións ficticias de grande valor educativo. Os principais obxectivos que podemos acadar con estes recursos son:
  • Transmitir información sobre e tema proposto a través de xogos interactivos.
  • Amosar a trascendencia das nosas decisións nos resultados dos distintos xogos.
  • Analizar pautas de conducta establecidas a partir da simulación que posibilita o xogo.

Cómics

A través dun cómic multimedia presentamos unha historia real ou unha situación ficticia que nos permite mostrar un problema en toda a súa extensión. Este formato seranos moi útil para:
  • Presentar nun formato gráfico o tema en cuestión.
  • Predispor positivamente a profundización no tema.
  • Xerar unha reflexión e un debate inicial en torno ao tema proposto.

Documentos


Neste apartado, e xeralmente en formato .pdf, estarán dispoñibles recursos imprimibles que poden servir como ferramentas de lectura: fichas do alumnado, contos, etc.

Conceptos clave

A Educación para o  Desenvolvemento básase en cinco conceptos clave, que engaden distintas perspectivas dende as que poden tratarse educativamente tanto os problemas máis cercanos como os mundiais:

Formación del profesorado

Tizas de colores sobre una mesa

Descobre Enrédate con UNICEF, coñece qué é a Educación para o Desenvolvemento, qué ofrece ó proceso de ensino-aprendizaxe e cómo podes incorporarla a as tuas clases. Descobre tamén as posibilidades de empregar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para fomentar unha educación comprometida dentro da aula.

0 comentarios

Le os comentarios doutros usuarios, ou ben Deixa o teu comentario
Deixar comentario
Mapa web  |   Aviso legal  |   Política lingüística  |   Contacta  |   RSS
Accesibilidade W3C Nivel AA     Creative Commons  Creative Commons(by)
Enrédate 2000 - 2012 UNICEF España