| |
|
| |
|
| |
¿Queredes cooperar cos proxectos de Unicef para
a educación das nenas?

 |
Facer obras
de teatro sobre a educación das nenas;
por exemplo, escenificando situacións nas
que as nenas non poden ir á escola. Podedes
cobrar un prezo pola entrada.
|
 |
Organizar
competicións deportivas;
por exemplo, unhas olimpíadas solidarias
(con equipos mixtos), e propoñer un prezo
simbólico de inscrición ou buscar
patrocinadores.
|
 |
Acudir ós medios
de comunicación locais para difundir
a campaña e para pedir a colaboración
dos vosos veciños e veciñas. ¡Seguro
que colaboran!
|
 |
Organizar certames
musicais, como “Operación solidaria”,
con cancións sobre o dereito á educación
para todas e todos.
|
 |
Crear o voso propio xornal
da solidariedade sobre o tema. ¡Só
precisades papel, unha fotocopiadora e moita imaxinación!
Difundídeo entre os vosos pais e nais, compañeiros
e veciños cobrando unha pequena cantidade.
|
 |
Ofrecerlle os vosos
servicios ó concello para afrontar
algún problema local: a limpeza da ribeira
do río ou dun parque, a realización
dunha sondaxe de opinión sobre aspectos cidadáns,
limpeza de muros e carteis, algunha pequena reparación…
Podedes pedirlle ó concello que compense
o voso esforzo, realizando unha doazón para
a campaña.
|
 |
Convencer unha persoa
famosa para que participe con vós
nalgún evento de recadación...
|
 |
… ...e todas aquelas
propostas que xurdan da vosa imaxinación.
|
DEBUXADE
AS LETRAS: no chan, ou sobre unha cartolina
grande. Podedes formar con elas palabras como EDUCACIÓN,
OPORTUNIDADES, compoñer o lema da campaña
ou un lema alternativo que vos guste a todos e a
todas. Poñervos de acordo co voso profesor
ou profesora sobre cándo, ónde e cómo
poñer as letras; pode ser nun lugar público
concorrido (e entón é aconsellable
informar ou pedirlle permiso ó concello),
ou no patio do centro educativo.
|
 |
ENCHÉDEAS
DE MOEDAS: informade os transeúntes
sobre os obxectivos da campaña e pedídelles
que vos apoien dándovos moedas (utilizade,
se queredes, o folleto
informativo descarga folletoletrasgal pdf en
PDF para ofrecérllelo ás persoas que
se vos acheguen). Con estas moedas ides enchendo
as letras. Podedes poñer preto un panel ou
un cartel que explique o motivo da campaña
e cál é o destino dos fondos. ¡Estades
a conseguir letras para as nenas! Se realizades
esta acción no centro educativo podedes enchelas
vós mesmos coas moedas recadadas previamente.
Ese é un bo momento para informar os vosos
compañeiros e compañeiras, para facer
visible o voso esforzo solidario e para invitalos/as
a colaborar.
|
 |
COLABORADE
COAS VOSAS LETRAS: podedes destinar os fondos
recadados ó labor de Unicef a favor da educación
das nenas, da que os proxectos de cooperación
que aparecen nesta web son unha boa mostra. Para
iso, tedes que facer unha transferencia ou un ingreso
na conta bancaria habilitada para iso (ver información
sobre a recadación).
¡Coa vosa colaboración estaremos máis
preto de conseguir o noso obxectivo!
|
 |
En Novidades
enlace páxina novidades en gallego informarémoste
dos avances e dos logros desta campaña. |
|
|