Volver al Inicio
Página principal de UNICEF COMITÉ ESPAÑOL
Página principal de ENRÉDATE

IDIOMASRECURSOSNOVIDADESINSCRICIÓNXOGOSACTIVIDADES
EDUCACIÓN NENAS
  Prioridade de UNICEF
  ¿Que mantén as nenas fóra da escola?
  Historias e testemuños
PROXECTOS EN MARCHA
MOBILIZACIÓN
COOPERACIÓN
 
Versión para imprimir Educación das nenas
 
 
Educación para todas e todos
Educación para todas e todos

Unha educación de calidade debe:
Ser universal, é dicir accesible e alcanzable a todos os nenos e nenas.
Ser obrigatoria, é dicir non é negociable ir ou non á escola.

Ser non discriminatoria, non sexista e respectar as diferencias dos nenos e nenas.

Desenvolverse nun ambiente san e agradable.

Contribuír ó pleno desenvolvemento físico, mental e social de nenos e nenas.



A educación é fundamental para o noso desenvolvemento persoal; ademais de achegarnos coñecementos teóricos fundamentais, achéganos habilidades para a vida.

Pero non calquera tipo de educación vale, a educación que recibimos debe ser de calidade. Por iso, numerosas organizacións no mundo están a traballar para asegurar unha educación de calidade para todas as nenas e todos os nenos.

Educación de calidad para las nenas
Hoxe en día, máis de 120 millóns de nenos e nenas en idade escolar non asisten á escola, e a maioría, case dous tercios (máis de 70 millóns), son nenas. Unha educación de calidade debe: Ser universal, é dicir accesible e alcanzable a todos os nenos e nenas. Ser obrigatoria, é dicir non é negociable ir ou non á escola. Ser non discriminatoria, non sexista e respectar as diferencias dos nenos e nenas. Desenvolverse nun ambiente san e agradable. Contribuír ó pleno desenvolvemento físico, mental e social de nenos e nenas.

¿Por que esta diferencia? Os nenos e as nenas poden ver negado o seu acceso á educación por diferentes razóns: pola súa orixe étnica, a causa da sida, por un exceso de traballo que lles impide acudir á escola, pola súa orixe urbana ou rural, a causa da pobreza, por sufrir algunha minusvalidez, a causa dunha mala saúde ou estado nutricional, por situacións de conflicto ou inestabilidade, pola falta de apoio das súas familias, pola falta de protección legal, por unha excesiva distancia do colexio, etc.

Pero, cando se trata dunha nena, a estas razóns súmase o simple feito de ser nena e, deste xeito, a discriminación é dobre. Só o feito de nacer nena fai que millóns de pequenas vexan negado o seu dereito a unha educación de calidade.

Hoxe en día, ninguén nega os beneficios que a educación ten para as nenas e a sociedade no seu conxunto. Por este motivo, asegurar o acceso das nenas á educación de calidade converteuse nunha prioridade no eido mundial (enlace á páxina: EDUCACIÓN DE niñas: prioridad de UNICEF en gallego).

A educación das nenas beneficia a todos

A educación das nenas beneficia a todos

Os beneficios dunha educación de calidade non quedan nas nenas soamente; está comprobado que teñen un maior alcance. As nenas educadas,

teñen maiores oportunidades e opcións de vida; teñen máis voz nos asuntos familiares e da comunidade e é máis probable que participen na toma de decisións no ámbito político, social e económico;


teñen máis habilidades e recursos para protexerse contra a sida e para mobilizarse contra as prácticas prexudiciais para a súa saúde, como a mutilación xenital feminina;

casan e teñen fillos máis tarde porque elixen facelo así;

se son nais, é máis probable que envíen a todos os seus fillos e fillas ó colexio. Ademais, adoitan ter fillos e fillas máis sans, e teñen embarazos máis saudables, o que fai que se reduza a mortalidade materna;

teñen maiores oportunidades no futuro de conseguir un traballo e de contribuír á economía formal. Isto beneficia os ingresos individuais e os dos fogares, e axuda a estimular o crecemento económico.


Ademais, a atención ás nenas tamén beneficia os nenos varóns, xa que a educación das nenas axuda a asegurar igualdade entre nenos e nenas e a facer visibles actitudes e comportamentos que manteñen as disparidades e a discriminación.

Todo iso contribúe a asegurar sociedades máis xustas, igualitarias, non-violentas e centradas nas persoas. Todos e todas, finalmente, nos vemos beneficiados.

A EDUCACIÓN: ANTE TODO UN DEREITO HUMANO

Máis alá dos beneficios económicos, sociais e políticos para toda a sociedade no seu conxunto, a educación é un dereito universal recoñecido a todas persoas, con independencia do seu sexo, e por iso é unha prioridade.

Convención dos dereitos de nenos e nenas, artigo 28:
Todos os nenos e nenas teñen dereito á educación, e os estados deben asegurar que a educación primaria sexa gratuíta e obrigatoria, fomentar diferentes formas de educación secundaria accesible para todos nenos e nenas e facer que a educación superior sexa accesible a todos e todas a partir das súas capacidades.

IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres, sección B:
A educación é un dereito humano e unha ferramenta fundamental para conseguir os logros de igualdade, desenvolvemento e paz. Unha educación non-discriminatoria beneficia a nenos e nenas e así contribúe a establecer unhas relacións máis igualitarias entre mulleres e homes.


 
© enrédate con UNICEF 2003 | Recomienda esta página | Inicio