| |
|
| |
|
| |

Unicef considera que a educación de calidade para
toda a infancia non pode conseguirse sen a educación
das nenas. Por este motivo, Unicef
e outras organizacións, e miles de persoas
no mundo, están a facer todo o posible para que
máis nenas de todo o mundo poidan asistir á
escola.
Hai tres áreas principais no traballo de Unicef
respecto da educación das nenas:
Actualmente, no mundo hai máis nenas ca nenos non
asisten á escola. Por iso, Unicef quere reducir
o número de nenas que non van ó colexio
e conseguir que todas as nenas poidan acceder á
educación. Para iso, sensibilízanse as familias
e as comunidades para que recoñezan a importancia
e o valor de enviar as nenas á escola. Ó
mesmo tempo, mellóranse as infraestructuras, convertendo
as escolas en lugares seguros e con servicios básicos
para a hixiene e o benestar dos alumnos e alumnas.

Outro gran problema é o abandono da escola por
parte das nenas. Aínda que accedan ó colexio,
teñen moitas probabilidades de abandonalo. Por
iso, Unicef pretende mellorar a calidade da educación
para que, unha vez no colexio, as nenas permanezan e aprendan
e non abandonen a escola. Ademais, unha educación
de calidade beneficiará tanto as nenas coma os
seus compañeiros varóns.

Unha vez na escola, as nenas seguen a ser discriminadas,
o que as leva a abandonala ou a non obter tan bos resultados
coma os nenos. Por iso, é necesario asegurar que
todas rematen os seus estudios aprendendo todo o que necesitan,
para que poidan entrar no mundo adulto e laboral cos coñecementos
necesarios.

A
campaña de UNICEF "25 para 2005"
é unha importante iniciativa destinada a
eliminar as desigualdades
en materia de xénero na educación
primaria e secundaria en 25 países para o
ano 2005. A campaña concéntrase en
países onde a educación das nenas
se atopa nunha situación crítica e
nos que se require axuda urxente para alcanzar a
igualdade de xénero na educación primaria
e secundaria para 2005.
A campaña ten tres obxectivos:
- Reducir nun 30% o número de
nenas non escolarizadas para o 2005.
- Mellorar a calidade do ensino e das
escolas.
- Garantir un desenvolvemento equilibrado
do ensino e eliminar as desigualdades de xénero
na educación.
|
| Afaganistan |
|
Bangladesh |
| Benin |
|
Bhután |
| Bolivia |
|
Burkina
Faso |
| República
Centroafricana |
|
Chad |
| República
Democrática del Congo |
|
Djibouti |
| Eritrea |
|
Etiopía |
| Guinea |
|
India |
| Malawi |
|
Mali |
| Nepal |
|
Nigeria |
| Pakistán |
|
Papúa
Nueva Guinea |
| Sudán |
|
Tanzania |
| Turquía |
|
Yemen |
| Zambia |
|
|
* Estes son os 25 países seleccionados para
a campaña 25 para 2005. En Enrédate,
presentámosche a situación e os avances
en dous deles: Bolivia e Nepal. |
|
|
|