Volver al Inicio
Página principal de UNICEF COMITÉ ESPAÑOL
Página principal de ENRÉDATE

IDIOMASRECURSOSNOVIDADESINSCRICIÓNXOGOSACTIVIDADES
EDUCACIÓN NENAS
  Prioridade de UNICEF
  ¿Qué mantén as nenas fóra da escola?
  Historias e testemuños
PROXECTOS EN MARCHA
MOBILIZACIÓN
COOPERACIÓN
 
EDUCACIÓN DAS NENAS
 
 
Historias y testimuños

Historias y testimuños
Neste espacio podemos coñecer algunhas historias e testemuños de nenas de diferentes recantos do planeta que nos contan a súa realidade: os obstáculos ós que se enfrontan para ingresar e permanecer na escola e a súa opinión sobre a discriminación das mulleres. ¡Coñéceos!
Rinku, India, 15 anos
Abena, Ghana, 13 anos
Bhahkita, Sudán, 11 anos
Kanti, Nepal, 17 anos
Kerry, Inglaterra, 15 anos
Norma, Perú
Laura, España, 15 anos


Rinku, India, 15 anos
Rinku ten 15 anos e, como as súas 40 compañeiras da clase, está sentada no chan e leva posto un sari rosa e violeta, o uniforme. “Cando remate a escola, quero ser profesora..., nunca vin antes á escola porque o meu pai non cría que as nenas deberan recibir unha educación. Mesmo a miña nai pensaba o mesmo, ela tampouco asistiu nunca á escola. Os meus irmáns foron á escola porque se converterán en mans traballadoras. O meu pai di que eu só debo casar”.

A historia de Rinku é moi habitual; de feito, cando lle preguntamos ó resto das nenas da clase se os seus irmáns ían á escola, todas levantaron a man e tamén as levantaron cando se lles preguntou se era a primeira vez que asistían á escola.


Abena, Ghana, 13 anos
“Vivo co meu tío e coa súa dona. Vendo frituras de plátano para contribuír ós ingresos da familia. Recibín algo de educación básica, pero tiven que abandonar os meus estudios por falta de apoio. Os nenos do meu tío, sen embargo, van á escola. Ás veces gustaríame ir a min tamén, pero o meu tío di que non pode facerse cargo de custos escolares. Sen embargo, prometeume que me axudará a que aprenda costura cando cumpra 17 anos... Aínda que me apesara non poder ir á escola, supoño que son máis afortunada ca outras, porque polo menos poderei aprender outras cousas, pero ¡como me gustaría ir á escola! O que lles aconsello ós pais é que manden os seus fillos á escola”.


BHAHKITA, Sudán, 11 anos
Bhahkita é unha nena de 11 anos que vive nas comunidades nómades de Sudán. Soña con chegar a ser algún día enxeñeira, para así poder construír fontes e mellores casas na súa comunidade. Segundo a súa profesora, é unha das nenas máis espertas da súa clase e conta cunha gran determinación á hora de aprender.

Bhahkita érguese ás cinco da mañá todos os días. Primeiro moxe as ovellas, logo limpa os utensilios da cociña e despois prepara té para a familia e as cousas do seu primo. En cambio, “os nenos rezan, toman o té e prepáranse para ir ó colexio”.

Ser unha nena nunha remota comunidade nómade entraña un reto engadido para nenas como Bhahkita. Durante o recreo, xusto despois do mediodía, corre á casa con dúas amigas, Leila e Hawa, para coller os recipientes e ir buscar auga a cinco quilómetros da aldea. No seu regreso á casa e cargando os recipientes cheos de auga van na busca de ramas para o lume, o que supón que teñan que camiñar oito quilómetros máis. Como mínimo dúas veces á semana, as nenas deben encher tamén o depósito que prové de auga a escola e que almacena ó redor de 400 litros.


KANTI, Nepal, 17 anos
“Na miña cidade, as nenas temos catro grandes problemas. Hai moitos matrimonios prematuros, grandes cargas de traballo e tráfico e prostitución a causa da pobreza… En Nepal, as nenas teñen unha vida moi dura, especialmente as nenas que non van á escola e as que traballan 18 horas ó día. Estas nenas non teñen tempo para o xogo e a recreación”.


KERRY, Inglaterra, 15 anos
“Os embarazos entre rapazas novas teñen moitas consecuencias, tanto para a nai coma para o bebé. Por exemplo, as nais novas enfróntanse a graves riscos no momento do parto. Ademais, limita as túas oportunidades educativas e de vida”.


NORMA, Peru
“En pleno século XXI, aínda que pareza incrible, as mulleres seguen sendo víctimas da falsa afirmación de que os homes son mellores cás mulleres, e actitudes que evidencian este xeito de pensar non só veñen de parte dos homes, senón tamén das mulleres, xa que dende o núcleo familiar as nenas viven nun ambiente onde elas son as serventas dos seus irmáns varóns, e son inducidas a pensar que deben de esperar a casar con alguén, ó que servirán de aí en diante e, por isto, ensínaselles a realizar labores domésticos, a esperar o seu príncipe azul; iso si, todo este tempo sobrecargadas de traballo, e outra cousa que creo que se lles esqueceu é que temos que sufrir directa ou indirectamente o acoso sexual dos homes, xa que eles teñen a falsa idea de que as mulleres teñen pouca intelixencia para desenvolverse no campo profesional ou laboral...”.


LAURA, España, 15 anos
Se o xénero feminino é realmente o sexo débil, as mulleres deberían tratarse con máis respecto e coidado, senón a pequena desigualdade, debido á maior forza e resistencia dos homes, farase cada vez maior e entón as mulleres si que serán o sexo débil. Pero se nos paramos a pensar, se o xénero masculino sufrise esa falta de acceso ás medicinas, eses abusos no horario do traballo, se levasen todo o peso dunha familia... entón, ¿non se converterían eles no sexo débil? Con isto non quero dicir que se deban cambiar os papeis e que sexan os homes os maltratados, simplemente é miralo dende outra perspectiva e ver que a muller non é tan débil como se di. Todos sabemos que isto non vai cambiar dun día para outro, pero se todos colaborasemos un pouco máis, en especial os gobernos dos países ricos, seguro que esta situación de discriminación para a muller cambiaba máis rápido. Oxalá sexa así.

 
© enrédate con UNICEF 2003 | Recomienda esta página | Inicio