Volver al Inicio
Página principal de UNICEF COMITÉ ESPAÑOL
Página principal de ENRÉDATE

IDIOMASRECURSOSNOVIDADESINSCRICIÓNXOGOSACTIVIDADES
EDUCACIÓN NENAS
PROXECTOS EN MARCHA
  Proxecto en Marrocos
  Outros proxectos
  Bolivia
  Nepal
  Senegal
MOBILIZACIÓN
COOPERACIÓN
 
Imprimir PROXECTOS EN MARCHA
 
 

En Acción pola Educación das nenas

Durante este curso, poderedes cooperar con Unicef e conseguir que máis nenas accedan á escola e gocen dunha educación de calidade, libre de todo tipo de discriminación.

Para conseguilo, Unicef, que colabora con moitos aliados distintos, encabeza campañas mundiais e nacionais que forman parte dos seus esforzos por axudar a que as nenas asistan a clase.

Ademais das campañas, nos distintos países en que traballa Unicef lévanse a cabo proxectos para asegurar unha educación de calidade para as nenas, e para a infancia no seu conxunto. A continuación, presentámosvos catro exemplos en distintas rexións do mundo:


Mapa de proyectos de Unicef Marruecos Senegal Nepal Boloivia

Marruecos



As nenas permanecen en minoría durante o ciclo de ensino primario, en particular no medio rural e nas zonas periféricas das cidades, onde se acumula a poboación proveniente do éxodo do campo ás zonas urbanas. Por iso,
o proxecto Xestión calidade para unha educación básica completa para os nenos da rexión norte centrado na mellora da calidade da educación, beneficiará particularmente as nenas das zonas periurbanas e rurais do norte de Marrocos. .

Bolivia
As baixas taxas de matriculación escolar infantil, especialmente das nenas, nas rexións rurais e indíxenas, seguen limitando o progreso do país.Bolivia é un dos 25 países seleccionados para a campaña "25 para o 2005".

Nepal
Un 24,5% das nenas de 6 a 10 anos de idade non asiste á escola primaria. Un 55,3% das nenas que si se escolarizan acaba por deixar a escola un ano despois ou por repetir curso.Nepal é un dos 25 países seleccionados para a campaña "25 para o 2005".

Senegal
Un 45% das nenas de 7 a 12 anos de idade non accede a unha educación básica e as que acceden á escola, adoitan abandonala porque as condicións do sistema educativo non son apropiadas.

 
© enrédate con UNICEF 2003 | Recomienda esta página | Inicio